A.C.D.X. FASQUÍA
 
 
  ::. Regatas_
::. Blog de novas
::. Entrevistas
::. Galería
::. Enlaces
::. Actividades
::. Descargas
::. Artigos
::. Trof. Fasquía
::. Desafío a Tope



 

O TROFEO FASQUÍA

O Trofeo Fasquía é a proba deportiva coa que se abre a tempada das regatas de dornas a vela do verán. Desenrrólase nas augas da Ría de Arousa e ten como saída e chegada o peirao do Xufre da Illa de Arousa.

É unha das probas máis complicadas dado que o trazado do seu percorrido discorre polo medio dun polígono de bateas ata ó canal da Ría de Arousa, pasando previamente polo faro de o Seixo, o que fai que se convirta en todo un reto para os numerosos dorneiros que participan cada ano na loita por levarse este Trofeo que, sen dúbida, cada edición adquire máis sona e recoñecemento, convirtíndoo nunha das regatas referentes en Galicia.
Có Trofeo Fasquía non só se pretende realizar unha competición deportiva, senón que os obxectivos deste evento van máis aló:

1- Dinamización da Dorna coma embarcación tradicional có fin de evitar a súa extinción.
2- Dar a coñecer unha clase de navegación a vela cunhas normas e características propias das embarcacións tradicionais.
3- Promocionar a navegación en Dorna a Vela coma unha actividade deportiva e lúdica á que pode ter acceso todo o mundo.
4- Dar a coñecer unha actividade deportiva nova á xuventude para que esta se involucre no coñecemento do noso Patrimonio Marítimo e na súa conservación.

 

 
Todolos dereitos reservados © 2008 A.C.D.X. FASQUÍA / Prohibida a sua reproducion por calquera medio
Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola: