| |
¿QUEN SOMOS?
A Asociación Cultural, Deportiva e Promotora de Actividades Xuvenís Fasquía (A.C.D.X. Fasquía), é unha asociación que naceu en decembro de 2004, pretendendo desenvolver as máximas accións culturais e deportivas posibles para poñelas ao servicio da sociedade, con especial énfase nos xóvenes. A.C.D.X.. Fasquía ten o seu domicilio social na Illa de Arousa, lugar onde maioritariamente desenvole as súas actividades como o“Trofeo Fasquía” de dornas a vela, aínda que tamén participa noutras actividades a nivel autonómico, como poden ser os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ou incluso a nivel nacional e internacional, como son as súas diferentes participacións nas variadas xuntanzas de embarcacións tradicionais que se desenvolven noutros lugares de fóra de Galicia. Aínda que maioritariamente nos centramos na conservación do noso patrimonio marítimo tentamos tamén levar a cabo outras actividades.
Entre os nosos obxectivos destacamos:
Primeiro: Recuperación, conservación e divulgación do Patrimonio Marítimo material e inmaterial.
Segundo: Promoción do deporte e formación de deportistas con dedicación especial ó deporte de base.
Terceiro: Fomentar a participación da muller e dos xóvenes nas actividades realizadas por A.C.D.X.. Fasquía.
|
|