A.C.D.X. FASQUÍA
 
 
  ::. Regatas_
::. Blog de novas
::. Entrevistas
::. Galería
::. Enlaces
::. Actividades
::. Descargas
::. Artigos
::. Trof. Fasquía
::. Desafío a Tope
 

FASQUÍA CÓ DESAFÍO A TOPE

 
     
¿QUE É O DESAFÍO A TOPE?
O Desafío a Tope é un proxecto que nace no seo da FGCMF co fin de recuperar unha das embarcacións máis significativas das Rías Baixas e da Costa Galega, “A Dorna de Tope”. A denominación “Desafío” corresponde có proxecto de dinamización socio-cultural e recuperación da “Dorna de Tope” e ten como referencia o esforzo das tripulacións de antano por chegar a porto con vantaxe para vender as capturas ao mellor prezo.
 
O proxecto consiste na elaboración de planos constructivos e proxecto de construcción dunha dorna de tope que se corresponde coa tipoloxía de “dorna de tope” tradicional e que sirva de modelo para a reconstrucción de réplicas idénticas que competirán no DESAFÏO A TOPE, un proxecto de difusión socio cultural e deportivo da FGCMF que convocará anualmente as tripulacións de cada porto para amosar as embarcacións recuperadas, exhibir as técnicas de navegación e recrear a competición das tripulacións das dornas de tope por chegar á porto.
OBXECTIVOS

- Recuperación da dorna de tope como tipoloxía de embarcación tradicional galega de acordo a un modelo tipo.

- Dinamización da dorna de tope como embarcación con potencial de navegación, barco escola, e actividades complementarias de estudio e divulgación etnográfica

- Participar nun proxecto innovador na difusión deportiva de embarcacións tradicionais como estratexia de defensa e difusión do patrimonio a e cultura marítima.

- Fomentar a colaboración entre entidades sociais, culturais, empresas e administración en proxectos de dinamización da cultura e o patrimonio marítimo.

- Dar carga de traballo aos mestres da carpintería de Ribeira para evitar a súa desaparición.

CRONOLOXÍA-TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO
 
O proxecto de construcción da Dorna de Tope vaise realizar en distintas fases debido o seu alto custe, polo de pronto xa hai unha construída (a “Peza de Rabo” da asociación Dorna de A Illa de Arousa) e en breve se levarán a cabo máis construccións, xa que son varias as asociacións galegas que participan nel. Pola súa parte, a Asociación Fasquía pretende comenzar o vindeiro ano a construcción dunha Dorna de Tope, para particpar xa de cheo neste importante proxecto.
 

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

 
  Construcción: a tope
Eslora: 7,27 m
Manga: 2,46 m
Puntal: 1,28 m
Calado casco: 0,44 m
Desplazamento: 1.440 Kg
Lastre: 200 Kg
Tipo vela: relinga
Superficie vélica: 28 m2
Madeira: pino país e carballo

   
 
Todolos dereitos reservados © 2008 A.C.D.X. FASQUÍA / Prohibida a sua reproducion por calquera medio
Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola: