| |
AS REGATAS DE DORNAS: ¿DENDE CANDO?
As regatas de dornas foron a orixe do movemento actual da recuperación do Patrimonio Marítimo Galego. Os primeiros movementos a prol da cultura marítima prodúcense dun xeito espontáneo na Illa de Arousa aló polos anos 80, onde esperta en Galicia un movemento xuvenil que rexeita o abandono xeneralizado das dornas e dos seus aparellos. Este grupo decide recuperar e aparellar unha ducia de dornas, e conxuntamente con outras de Ribeira, O Grove, Vilanova ou A Pobra do Caramiñal, conseguen organizar a “I Volta a Arousa”, a decana das regatas de dornas das moitas que se celebran espalladas por toda a costa galega. Esta experiencia de recuperación das dornas, marca o camiño para acometer a recuperación doutras tipoloxías de embarcacións tradicionais non menos interesantes como as gamelas, os botes polbeiros, as bucetas, galeóns, etc. Retómase deste xeito as tradicionais concentracións e regatas que xa no século pasado, e ata os anos cincuenta, decoraban os días de festividade

durante o estío: concentracións de galeóns na Toxa ou Vilagarcía, regatas de dornas a remos en Cambados ou O Grove, de botes en Carril e Ferrol, etc

MÁIS REGATAS
Hoxe temos a sorte de poder decir que son xa moitas as regatas de dornas que se disputan nas augas alegas, converténdose nunha actividade deportivo-cultural que está a acoller grande aceptación entre a poboación e os xóvenes, sobre todo na Ría de Arousa, enclave fundamental no desenvolvemento destas regatas que están sendo importantísimas para a conservación das dornas e da navegación tradicional, así como da cultura mariñeira galega. Por iso vémonos na obriga de destacartamén as seguintes regatas de dornas:

- “A Volta A Illa de Arousa” , a regata nai por excelencia, organizada por A.C.D.Dorna é pioneira nestas competicións pola súa antigüedade.
- “Regata de “O Bao”, organizada tamén por A.C.D.Dorna, da que destaca a súa saída na que se parte dende a praia coa dorna desaparellada.
- “Area Seba” , “Regata dos Faros” e “Regata do Marisco”, todas elas organizadas por Amigos da Dorna Meca de O Grove.
- “Regata da Dorna” e “Volta a Rúa”, ambas organizadas por A.C. Lajareu por Barlovento de Ribeira.
- “Regata do Albariño”, organizada polo Clube Mariño Salnés de Cambados.
|